Os talleres de automoción sumáronse este martes á folga do sector do metal na provincia da Coruña, que volveu paralizar as grandes empresas. Os traballadores manifestáronse nas rúas de Compostela, Ferrol e A Coruña.
Fálase
O Congreso insta a Defensa a negociar a devolución dos terreos da Maestranza á cidade da Coruña. A proposta de EnMarea foi apoiada polo PSOE, mentres que o PP se opuxo á cesión gratuíta do espazo, polo que o Ministerio quere obter un rendemento económico.
A burocracia atrasa a limpieza dos montes veciñais a pesar de estarmos nun período de alto risco de incendio, destaca Faro de Vigo. Dos 399 expedientes aprobados, só comezaron as tarefas de limpeza en 126
Este martes finou en Vigo aos 93 anos de idade Alfonso Zulueta de Haz, que foi presidente do Consello da Cultura Galega e da Fundación Penzol
O sector do transporte vivirá unha nova xornada de folga este mércores, a cuarta. A Xunta limítase a pedir que cesen as protestas e non accede a modificar a súa proposta, que rexeitan empresas e sindicatos.
O pequeno comercio critica a El Corte Inglés e Inditex por adiantar as rebaixas. O vicepresidente da Confederación Española de Comercio alerta de que "isto é a selva"
O Tribunal de Xustiza da UE cre que algunhas axudas fiscais á Igrexa poden ser delito. Porén, a sentenza apenas afectará aos privilexios dos que goza a estrutura eclesiástica, pois as exencións fiscais están incorporadas aos acordos co Vaticano, con rango de tratado internacional, só interpretables polas partes
O BNG pide condenar un "ataque homófobo" contra un mozo no que, denuncia, participou a alcaldesa de Forcarei. Segundo a formación, traballadores municipais apostaron unha cea se un deles era quen de bicar na boca un rapaz que traballaba na organización da Festa do Orgullo
O Pladiga deste ano recolle un medio aéreo menos para a campaña de alto risco de incendios que os que houbo nos catro anos anteriores. O plan será aprobado este xoves
A Torre de Hércules celebrou, iluminada de azul, o seu oitavo aniversario como Patrimonio da Humanidade