O Pladiga deste ano recolle un medio aéreo menos para a campaña de alto risco de incendios que os que houbo nos catro anos anteriores. O plan será aprobado este xoves
Fálase
A Torre de Hércules celebrou, iluminada de azul, o seu oitavo aniversario como Patrimonio da Humanidade
Grupos ecoloxistas desmenten o bulo que nos últimos días creceu nas redes sociais sobre a posibilidade de recualificar o terreo queimado no incendio de Doñana ao abeiro da Lei de Montes de 2015
Pablo Iglesias e Pedro Sánchez reuniranse este martes no Congreso por primeira vez tralo regreso deste á Secretaría Xeral. A votación do CETA e a negociación do teito de gasto serán os temas máis inminentes que se debaterán
O Sindicato dos Jornalistas de Portugal cuestiona a El Mundo sobre a existencia da persoa que asinou as súas informacións do incendio de Pedrógão Grande. As novas, moi críticas co Goberno de Portugal, levaban a sinatura de Sebastião Pereira, e diversos medios do país veciño destacan que o diario editado por Unidad Editorial ofreceu diversas versións sobre a súa identidade ata afirmar que se trata dun pseudónimo. A controversia comezou ao fío deste post da páxina Os truques da imprensa portuguesa
Juan Carlos Escotet releva a Javier Etcheverría na presidencia de Abanca. Comunicárono na xunta de accionistas celebrada esta mañá na Coruña. O Banco Etcheverría, con sede en Betanzos, fora comprado polo venezolano Banesco de Escotet antes de facerse cos restos das caixas galegas.
Luis Bárcenas confirma no Congreso que non vai responder ningunha pregunta sobre o financiamento irregular do PP na comisión parlamentaria que o investiga. A sesión pódese seguir ao vivo nesta ligazón.
O BNG denuncia que a Xunta deixou sen executar 16,5 millóns de euros en formación continua, transferidos polo Goberno central, durante o bienio 2015-2016
Este domingo partiu da Coruña o barco Open Arms, donado pola armadora Ibaizabal á ONG Proactiva Open Arms. Diríxese ao Mediterráneo central a traballar rescatando as persoas refuxidas que tentan chegar a Europa
30 colectivos animalistas manifestáronse este domingo en Compostela en protesta contra o anteproxecto de lei de benestar animal presentado pola Xunta, que consideran que mesmo supón un retroceso con respecto á actual normativa