A xornada Mulleres e Música da Deputación da Coruña reclamou este sábado “lentes lilas” no mundo musical. O evento serviu para elaborar un documento con medidas para incentivar proxectos con política de igualdade establecida ou propostas para introducir cláusulas nas convocatorias públicas que tendan á eliminación de formacións que fomenten o sexismo na música.
