Eleccións en Grecia. As sondaxes a pé de urna prevén unha notable caída dos partidos tradicionais. O Parlamento grego quedaría moi fragmentado, cunha notable suba da coalición de esquerdas, que superaría o PASOK.
Fálase
Deportes. O Valladolid empátalle ao Deportivo na última xogada do partido (1-1) e aperta a clasificación de Segunda. O Celta recórtalle puntos aos pucelanos e aos coruñeses.
Deportes. O Valladolid empátalle ao Deportivo na última xogada do partido (1-1) e aperta a clasificación de Segunda. O Celta recórtalle puntos aos pucelanos e aos coruñeses.
Eleccións en Francia. Hollande gaña os comicios. As sondaxes oficiais dan ao socialista o 51,7% dos votos, fronte ao 48,3% de Sarkozy. "Os franceses votaron polo cambio", di o que será novo presidente.
Seguidores socialistas comezan a chegar á Bastilla, o lugar da celebración oficial, confiando nun triunfo de Hollande que as sondaxes dan por feito, pero que non está nin moito menos seguro.
Eleccións rexionais en Alemaña. A CDU lograría a vitoria por moi estreita marxe en Schleswig-Holstein, segundo as sondaxes a pé de urna.
Deportes. O Club Patín Cerceda, subcampión de España en categoría junior, logo de perder na final contra o FC Barcelona por 5 a 2.
Eleccións en Grecia. O conservador Samarás vencería nos comicios segundo as últimas sondaxes a pé de urna. Cos primeiros datos, sete partidos entrarían no Parlamento. Nova democracia (entre 17% e 20%), Syriza (15,5% e 18,5%), Pasok (14% e 17%) e Amencer Dourado (6% e 8%).
Eleccións en Francia. A participación en Francia alcanza o 72% á tarde, máis dun punto superior á de hai catro anos.
Eleccións en Francia. O diario belga Le Soir adianta as sondaxes que se publicarán ás 6 da tarde. Hollande gañaría co 53% dos votos, fronte ao 47% de Sarkozy.