O BNG denuncia que Medio Rural ten parados os convenios de prevención de lumes cos concellos malia estar en época de máximo risco. A formación nacionalista presentou varias iniciativas no Parlamento para denunciar esta "neglixencia".
Fálase
Grave accidente na A8 á altura de Abadín no que se viron implicados medio cento de coches. Unha persoa morreu e hai máis de 20 feridos nun sinistro provocado pola densa néboa.
Rueda avala que o PP aprobe en solitario que goberne a lista máis votada e pide "que se faga canto antes".
O embaixador israelí nos EUA di que o seu país merece o Nobel da Paz pola súa "contención". Critica os medios por non tratar o "terrorismo de Hamas".
GZ Videos publica o vídeo da manifestación do BNG polo Día da Patria.
Jordi Pujol admite que a súa familia mantiña contas en paraísos fiscais desde hai máis de trinta anos. O ex presidente da Generalitat comprométese a comparecer ante instancias xudiciais se fose necesario.
César Luena será o próximo secretario de Organización do PSOE. O líder dos socialistas rioxanos convértese no número dous de Pedro Sánchez.
Remata sen acordo unha nova negociación entre Urbaser e os traballadores. A empresa di estar "decepcionada" e "desconcertada".
Anova celebra xa o seu acto polo Día da Patria en Compostela na praza 8 de marzo que finalizará no parque de Belvís.
A manifestación de Nós-UP percorre tamén as rúas de Compostela. Imaxe de: @nosgaliza.