Los empresarios galegos que investiron en NCG esixenlle ao FROB que lles garanta os cartos. Declaran sentirse "engañados" porque a información que se lles deu da situación da entidad non era real
Fálase
Centos de persoas concéntranse nas cidades galegas en protesta polos ataques do exército israeli sobre a poboación de Gaza. Na imaxe de @TraballadoAlcoa, o acto da Coruña
Google pagará 22,5 millóns de dólares por espiar os usuarios de Safari a través de cookies publicitarias. Google conseguira engadirlles un código ás cookies publicitarias en DoubleClick de forma que Safari pensaba que o propio usuario fixera unha excepción para a cookie. É a maior multa imposta pola Comisión Federal de Comercio contra unha soa empresa
O pasado domingo foi o día de maior consumo televisivo na historia do Estado español. En Galicia o tempo medio de permanencia ante a pantalla foi de 256 minutos. Cóntao La Información.
O PP esíxelle a Josep Antoni Durán i Lleida que abandone a presidencia da comisión de exteriores do Congreso e que entregue o seu pasaporte diplomático. Os populares fano despois de que o voceiro de CiU bromease coa posibilidade de ser o ministro de Exteriores dunha Catalunya independente. Cóntao o diario Ara.
O PSD e o CDS, maioría parlamentaria de Portugal, preparan unha modificación legal para que en todas as gasolineiras do país haxa, cando menos, unha mangueira de combustible "de baixo custo". No diario portugués Público.
Roberto Tojeiro deixa o consello de Novagalicia Banco. O presidente de Gadisa di abandonar "por motivos persoais", segundo o comunicado que NCG enviou á CNMV.
Rajoy 'vende' a Rousseff as propostas de Feijóo sobre o naval. O presidente do Goberno central falou de "oportunidades" para os estaleiros galegos coa presidenta brasileira.
O Parlamento inclúe na súa web un apartado dedicado aos símbolos de Galicia, con espazos dedicados ao himno, á bandeira, ao escudo e ao Estatuto de Autonomía.
El Confidencial asegura que algúns dos investidores que puxeron cartos en Novagalicia Banco están tentando recuperar os seus fondos