Unha sentenza conclúe que os terreos nos que se sitúa o Hospital Montecelo (Pontevedra) pertencen aos comuneiros de Mourente. En 2011 a xustiza xa recoñecera a propiedade comunal do espazo que ocupa a Brilat. As parcelas de Montecelo foron expropiadas polo Estado durante a ditadura franquista, ao igual que moitas outras propiedades de tipo comunal nos anos 60 e 70.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5718a9aad1ac5-53468e0013fcb-20140227patxotmontecelo007.jpg)