VÍDEO Así se constrúe un carro do país, paso a paso. Explícao Manuel Olmo, artesán do Incio nado en 1932 que traballa a madeira dende os 17 anos, neste documental da Fundación TIC.
Fálase
Está a piques de completarse o proxecto de publicar El Quijote en twitter, a través dun total de 17.000 tuits, un cada hora. A iniciativa botou a andar en 2014 e chegou xa ao seu fragmento número 16.950
España descende por segundo ano consecutivo un posto no ranking mundial da liberdade de prensa, que elabora Reporteiros sen Fronteiras. Sitúase na 34ª posición, por detrás de Cabo Verde ou Namibia, por mor da aplicación da Lei Mordaza
O pacto entre PSOE e Ciudadanos deixa a Podemos fóra da Mesa da Deputación Permanente, o órgano que dirixirá o Congreso se se disolven as Cortes en maio pola convocatoria das eleccións en xuño. O PP contará con dous membros, o PSOE outros dous e Ciudadanos un
Dimiten dous edís do Goberno municipal de Ferrol: Eugenia Freire (Ferrol en Común) e Felipe Sas (PSdeG-PSOE), responsables de Facenda e Promoción Económica, respectivamente, que alegaron motivos laborais.
A defensa de Diego Torres no xuízo polo caso Nóos pide "a expulsión de Manos Limpias" como acusación popular no proceso que tamén xulga a infanta Cristina. O tribunal estudará a petición este mércores, no remate da sesión.
Miguel Anxo Fernán Vello, deputado de En Marea, iniciou onte pola tarde unha folga de fame para denunciar "o vergoñento acordo UE-Turquía" sobre os refuxiados.
En 2017 o tren entre A Coruña e Vigo (155,6 quilómetros) tardará menos que o que circula entre A Coruña e Ferrol (69 quilómetros). 70 minutos fronte a 75.
Este mércores reúnense na Moncloa Rajoy e Puigdemont, unha xuntanza na que o presidente catalán porá sobre a mesa o plan independentista
El Diario entrevista a Mario Cortés, ex enfermo de hepatite que fundou a plataforma de afectados que logrou que o Goberno financiase os tratamentos de última xeración. Di que "os políticos foron responsables de moitas mortes por hepatite C" e que "os enfermos deben reclamar e, se fai falla, ocupar"