España descende por segundo ano consecutivo un posto no ranking mundial da liberdade de prensa, que elabora Reporteiros sen Fronteiras. Sitúase na 34ª posición, por detrás de Cabo Verde ou Namibia, por mor da aplicación da Lei Mordaza
Fálase
O pacto entre PSOE e Ciudadanos deixa a Podemos fóra da Mesa da Deputación Permanente, o órgano que dirixirá o Congreso se se disolven as Cortes en maio pola convocatoria das eleccións en xuño. O PP contará con dous membros, o PSOE outros dous e Ciudadanos un
Dimiten dous edís do Goberno municipal de Ferrol: Eugenia Freire (Ferrol en Común) e Felipe Sas (PSdeG-PSOE), responsables de Facenda e Promoción Económica, respectivamente, que alegaron motivos laborais.
A defensa de Diego Torres no xuízo polo caso Nóos pide "a expulsión de Manos Limpias" como acusación popular no proceso que tamén xulga a infanta Cristina. O tribunal estudará a petición este mércores, no remate da sesión.
Miguel Anxo Fernán Vello, deputado de En Marea, iniciou onte pola tarde unha folga de fame para denunciar "o vergoñento acordo UE-Turquía" sobre os refuxiados.
En 2017 o tren entre A Coruña e Vigo (155,6 quilómetros) tardará menos que o que circula entre A Coruña e Ferrol (69 quilómetros). 70 minutos fronte a 75.
Este mércores reúnense na Moncloa Rajoy e Puigdemont, unha xuntanza na que o presidente catalán porá sobre a mesa o plan independentista
El Diario entrevista a Mario Cortés, ex enfermo de hepatite que fundou a plataforma de afectados que logrou que o Goberno financiase os tratamentos de última xeración. Di que "os políticos foron responsables de moitas mortes por hepatite C" e que "os enfermos deben reclamar e, se fai falla, ocupar"
Cómodas vitorias de Trump e Clinton nas primarias do estado de Nova York. Os dous candidatos afianzanas súas vantaxes sobre Cruz e Sanders, á espera do vindeiro martes, no que están en xogo outros cinco estados, entre eles Pensilvania.
O pleno do Congreso debaterá a creación da comisión de investigación do accidente de Angrois, segundo vén de anunciar Alexandra Fernández (En Marea). A única oposición ao debate foi a do PP, que ve "absurdo" crear a comisión. Máis información, hoxe en Praza.