CiU abrirá conversas con Esquerra Republicana e o PSC para a formación do vindeiro Goberno catalán. Artur Mas pide "acompañamento" para os vindeiros catro anos e asegura que o referendo que tiña previsto "vaise facer". No diario Ara.
CiU abrirá conversas con Esquerra Republicana e o PSC para a formación do vindeiro Goberno catalán. Artur Mas pide "acompañamento" para os vindeiros catro anos e asegura que o referendo que tiña previsto "vaise facer". No diario Ara.
O Villareal, equipo da Segunda División de fútbol, renuncia a todas as subvencións públicas por existir "outras prioridades a nivel social" e subliña que está ao corrente de todos os seus pagamentos. Nos últimos anos o club tivo como patrocinador a, entre outros, o polémico aeroporto de Castellón.
Esta tarde José María Aznar presenta o primeiro volume das súas memorias. No libro o ex presidente do Goberno central narra como designou sucesor a Mariano Rajoy despois de que Rodrigo Rato se negase en dúas ocasións e tamén narra algunhas pasaxes da súa vida persoal. A Cadena SER avanza algúns dos contidos da publicación. (Foto: Editorial Planeta)
O blog Na Encrucillada publica a carta de presentación de dimisión da vicerreitora de titulacións e persoal docente e investigador da USC, Carmen Fernández Morante. No texto denuncia a perda de autonomía universitaria ao permitir que sexa a Xunta de Galicia a que decida a política de persoal e afirma que "no puedo avalar una decisión personal que plantea claras dudas de legalidad y que da respuesta exclusivamente a los intereses de algunos grupos y áreas de conocimiento de la universidad en detrimento de otras".
A Universidade de Cambridge crea un grupo de investigación para estudar os riscos potenciais da intelixencia artificial, segundo o Daily Mail. Explorará a posibilidade de que nun futuro as máquinas se volvan contra os humanos. De xe ito semellante Human Rights Watch propón que se prohiban as armas non controladas por humanos.
Este xoves preséntase en Madrid o segundo volume de El héroe, de David Rubin. E o pasado sáabdo El Mundo publicou unha entrevista con Rubin.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia solicita a retirada dunha oferta de prácticas profesionais "non remuneradas" que vén de publicar unha empresa de consultoría
A UPA advirte dun "desabastecemento" de leite en España se se prolonga moito a folga de entregas en Galicia. Lembra que a comunidade supón o 38% dos máis de 17 millóns que se reparten no Estado diariamente.
A Xunta garántelle "apoio incondicional" a David Cal para preparar os Xogos Olímpicos de 2016. "En Galicia terás todo o que necesites para ir a Río. "A Xunta de Galicia, o deporte galego, estará contigo", aseguroulle o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, durante un acto público.
O BNG de Lugo insta o goberno local a "prescindir dos servizos" dos bancos que executen desafiuzamentos "na medida que sexa posíbel e non prexudique aos veciños e veciñas".