Galicia gaña o campionato estatal de fútbol praia feminino. As rapazas adestradas por Pilar Neira superan a Murcia na final (3-4) na súa casa. Imaxe de @MartandoElHambr.

Galicia gaña o campionato estatal de fútbol praia feminino. As rapazas adestradas por Pilar Neira superan a Murcia na final (3-4) na súa casa. Imaxe de @MartandoElHambr.
IU e PSOE piden a Rajoy que dimita e que convoque eleccións. "O comportamento de Rajoy resúmense en: ningunha explicación, mentiras e conivencia", di Rubalcaba.
O Goberno admite que os SMS entre Rajoy e Bárcenas son reais. Moncloa asegura que o ex tesoureiro do PP busca desviar a atención.
Un ex deputado do PP di que "todo o mundo sabía" que había sobresoldos e pide a Rajoy que "non negue a evidencia". Milián Mestre asegura que a executiva expulsaba do partido a quen intentaba investigar os pagos.
Marcial Dorado relata a súa amizade con Feijóo en El País. "Sempre souben que chegarían lonxe, transmitía honradez", di o narcotraficante sobre o presidente da Xunta de Galicia.
Rajoy mantivo contacto directo con Bárcenas ata hai uns meses e pediulle que negase a contabilidade B. El Mundo publica unha serie de SMS entre o presidente do Goberno e o ex tesoureiro do PP.
Martiño Noriega: "Beiras só hai un, pero non vou facer escapismo". O número dous de Anova asegura que cre nos "liderados compartidos".
Os socialistas galegos cargan con dureza contra Almunia no Comité Federal do PSOE. Abel Caballero e Mar Barcón criticaron duramente ao comisario por decidir a devolución das axudas do 'tax lease'.
Case 33.000 afectados por preferentes de Novagalicia venderon as súas accións ao FGD. Recuperarán unha media do 71% dos cartos, segundo a entidade, que aclara que máis de 2.000 estafados serán accionistas do banco.
Os presidentes de Mercosur chaman a consultas aos seus embaixadores en España, Francia, Italia e Portugal tras o problema de Evo Morales na súa última viaxe a Europa.