#Cmin O Consello de Ministros aproba unha redución da publicidade institucional nun 56%, 35 millons de euros menos que o orzamentado.
Fálase
#CMin O Estado reduce un 38% o gasto en publicidade e propaganda
#CMin O Goberno central retíralles ás autonomías as competencias sobre os ríos que transcorren por varias comunidades, outorgadas polo anterior Goberno.
Dimite a Vicevaledora do Pobo, Dolores Galovart, tras as declaracións do Valedor sobre a Lei da Dependencia e os recortes. En El País.
Galicia cumprirá co obxectivo de déficit en 2012, segundo os cálculos da Fundación de Estudios de Economía Aplicada (Fedea), que calcula que a comunidade pechará o ano cun 1,1%, catro décimas por baixo do propósito do 1,5% do PIB, e será unha das tres autonomías que cumpra cos números.
UGT-Galicia destaca que a contratación indefinida baixou entre os máis novos o 22%, o que "evidencia que as novas fórmulas do Goberno para os contratos entre os menores de 30 anos non están a funcionar".
O Goberno cre que o dispositivo de seguridade na reunión do BCE en Barcelona evitou "que os vándalos rebentasen o sistema". "Cando existe presión e control, os violentos non acoden", xustifica o Executivo.
O 91% dos españois é pesimista respecto ás perspectivas do mercado laboral no vindeiro ano. En concreto, o 61% considera que estas son "malas" e o 30% cualifícaas de "non boas", segundo a enquisa elaborada por Nielsen.
Un concello de Catalunya declara o rei "persoa non grata". En Vilaweb.
O whatsapp en catalán, máis preto. A empresa abre unha sección na súa web para que os internautas colaboren na tradución do servizo de mensaxería instantánea a máis de trinta linguas, entre elas o español, o portugués e o catalán.