O Apóstolo, seleccionada pola Academia de cine de Hollywood na categoría de mellor película de animación xunto a outras 18 finalistas.
Fálase
A Policía Nacional detén o secretario do Concello de Fisterra. A acción non tería nada que ver coa xestión política no municipio.
A Generalitat valenciana pecha Canal Nou logo de que a Xustiza anulase o ERE e que afectaba máis dun milleiro de profesionais.
O BNG esixe a comparecencia de Feijóo no Parlamento para explicar "o financiamento ilegal" do PP tras as declaracións de Pablo Crespo ao programa Salvados. "Non pode seguir mirando cara a outro lado", di Jorquera.
O PSdeG advirte de que levará a Xunta ao Constitucional se segue sen achegar a documentación que lle reclama. O Goberno retén máis do 60% dos papeis que lle reclamou a oposición no que vai de lexislatura.
A presidenta do Consello Consultivo cre que sería "tremendamente triste" que "unha nacionalidade histórica" como Galicia perdese este organismo. Teresa Conde-Pumpido advertiuno na presentación dos orzamentos da institución e cando o seu mandato está a piques de rematar.
O Ateneo de Santiago e o Consorcio presentan unha completa web que recrea a muralla de Compostela. A aplicación achega planos e información sobre a historia da muralla: a súa orixe, significado, características, usos e a súa evolución ao longo dos séculos.
DOG e BOE publican o anuncio do trámite de inconstitucionalidade presentando polo goberno do Estado contra o art. 28.3 da Lei de Estradas. O contido do artigo é, segundo AGE, "unha ocorrencia xuridicamente disparatada que só tiña como obxectivo o de reducir os custos de expropiación do solo urbanizado a pagar pola da Administración, pagando o solo como rural, sen incluír o seu valor urbanístico"
Wert rectifica e anuncia que todos os alumnos Erasmus terán este ano a axuda prevista. Só unhas horas antes, Wert pedíralles, nunha entrevista na Cope, un "esforzo maior aos estudantes con máis recursos".
Xa é público o programa de Cineuropa 2013. En Praza poderedes seguir o máis destacado da vixésimo sétima edición do festival cinematográfico de Compostela, que se estende dende o 7 ata o 29 de novembro.