Máis de 100.000 persoas forman unha cadea humana en Euskadi a prol do dereito de autodeterminación. A mobilización, impulsada pola plataforma Gure Esku Dago, estendeuse por un percorrido duns 200 quilómetros.
Fálase
En marcha polo centro de Santiago a manifestación contra a mina de Touro e o Pino cunha masiva participación. O máis destacado da mobilización, nesta información de Praza.gal
Trump marcha do cumio do G7 en Canadá antes do seu remate e xusto cando ía comezar a sesión sobre cambio climático. Previamente o presidente dos EUA advertira da súa intención de seguir establecendo novos aranceis ás importacións, entre outras medidas proteccionistas. A imaxe, distribuída polo gabinete de Angela Merkel, ilustra a tensión do encontro, se ben a oficina da chanceler alemá difundiuna como "deliberacións á marxe da axenda oficial".
Axentes forestais gravan un oso pardo a escasos metros nos Ancares lucenses. O vídeo foi divulgado pola asociación Aprafoga. Podes velo con maiores dimensións nesta ligazón.
O Emevé de Lugo confirma a súa participación na máxima categoría do voleibol feminino tras lograr o financiamento que precisaba, garantindo así que inscrición tras o ascenso deportivo
O Concello de Ferrol, o Comité Cidadán de Emerxencia, asociacións cidadás e todos os grupos municipais agás PP e C's homenaxean o activista Carmelo Teixeiro no parque da cidade que leva o seu nome. Teixeiro, falecido en 2008, foi un dos primeiros impulsores da oposición cidadá contra Reganosa e estivo implicado en numerosos movementos políticos e sindicais ferroláns.
Sánchez e Torra acordan reunirse nos "vindeiros días" para retomar o "diálogo" a respecto de Catalunya. Este emprazamento chega despois de que o novo Goberno central ratificase a fin do control previo dos pagamentos da Generalitat, unha medida ligada á fin do artigo 155 xa prevista polo ex-ministro Montoro que o novo Executivo presenta como un "xesto" de distensión.
O Goberno central levanta o control previo dos pagamentos da Generalitat de Catalunya, como deixara previsto o Executivo anterior, e mantén o resto de medidas de supervisión financeira do Goberno catalán agás esta e as demais vinculadas ao artigo 155 da Constitución, que sería irregular seguir aplicando.
"Non á mina!" Veciñanza de Touro, O Pino, e das contornas da Ulla e da ría de Arousa explican como afectaría ás súas vidas a reapertura da mina de cobre e, xunto a representantes do mundo da cultura, chaman a participar na manifestación do vindeiro domingo en Santiago
Marcela e Elisa xa teñen rúa na Coruña. O Concello coruñés inaugurou este venres na contorna de San Roque de Fóra a rúa en lembranza á primeira parella de mulleres que casaron en Galicia como primeiro acto do programa municipal de actividaes polo Día do Orgullo LGTBQI