Trump marcha do cumio do G7 en Canadá antes do seu remate e xusto cando ía comezar a sesión sobre cambio climático. Previamente o presidente dos EUA advertira da súa intención de seguir establecendo novos aranceis ás importacións, entre outras medidas proteccionistas. A imaxe, distribuída polo gabinete de Angela Merkel, ilustra a tensión do encontro, se ben a oficina da chanceler alemá difundiuna como "deliberacións á marxe da axenda oficial".
