O Obradoiro será o anfitrión da vindeira Supercopa da ACB, que se xogará en Santiago. O acordo para a celebración do torneo entre o 21 e o 22 de setembro no pavillón Fontes do Sar da capital galega será asinado o vindeiro día 14 polo concello compostelán e a Deputación da Coruña cos responsables do Obradoiro e da propia ACB.
Fálase
O DOG publica este venres o calendario escolar 2018-2019. As clases de Infantil e Primaria comezan o 12 de setembro e as de ESO, Bacharelato e FP, o día 17. Os antigos exames de setembro de 2º de Bacharelato adiántanse a xuño para adaptalos ao novo modelo da selectividade.
O alcalde de Allariz, Francisco García, anunciará este mediodía a súa remuda na alcaldía. García, alcalde dende o ano 2000, xa anunciara que non prevía recuncar como cabeza de lista do BNG e será previsiblemente substituído por Cristina Cid, actual tenente de alcaldía. Máis información, hoxe en Praza.gal
O catedrático Ángel Carracedo, novo presidente da Academia Internacional de Medicina Legal. A elección confirmouse no 24º Congreso da institución, que se está a celebrar no Xapón.
O Consello da Xunta outorga as Medallas Castelao deste ano a Isabel Aguirre de Úrcola, directora da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega; María José Alonso Fernández, investigadora en farmacoloxía; Jesús Domínguez Fernández, fundador da téxtil Lonia; Xesús Mato Mato, crego e fundador de varias asociacións culturais e benéficas e impulsor de Fuxan os Ventos; e aos carteiros rurais de Correos en Galicia.
Sánchez completa o seu goberno con Margarita Robles, Fernando Grande-Marlaska e Màxim Huerta. Toda a información, este serán en Praza.
O voceiro de ERC no Congreso, Joán Tardá, ofrece esta tarde unha conferencia en Santiago xunto á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. O Bloque ofrece o acto a través do seu Facebook Live
A ministra de Defensa de Pedro Sánchez será Margarita Robles, que ata o de agora era a portavoz do PSOE no Congreso. Nas horas previas á súa confirmación varios medios publicaran que o cargo recaería no galego Constantino Méndez, que foi secretario de Estado dese ministerio durante o mandato de Carme Chacón.
O astronauta Pedro Duque, novo ministro de Ciencia no Goberno de Pedro Sánchez. Está a contalo eldiario.es
A galega Nadia Calviño, nova ministra de Economía. A directora xeral de Orzamentos da Comisión Europea pasará a formar parte do novo executivo de Pedro Sánchez.