O astronauta Pedro Duque, novo ministro de Ciencia no Goberno de Pedro Sánchez. Está a contalo eldiario.es
Fálase
A galega Nadia Calviño, nova ministra de Economía. A directora xeral de Orzamentos da Comisión Europea pasará a formar parte do novo executivo de Pedro Sánchez.
Rajoy deixa a presidencia do PP. “Chegou o momento de poñer punto final e que o PP siga co liderado doutra persoa”, vén de dicir o ex-presidente do Goberno ante o comité executivo do seu partido. Máis información, hoxe en Praza.gal
Rubén Cela confirma que non recuncará como cabeza de lista do BNG en Santiago. O edil vén de anunciar a súa decisión, "motivada exclusivamente por razóns persoais e familiares" e "non foi doada". "Fágoo coa tranquilidade de que no BNG de Santiago imos ser quen de ofertar á veciñanza unha proposta moi potente de persoas e propostas" en 2019, resalta.
Os matrimonios de persoas do mesmo sexo terán dereito á residencia en toda a UE con independencia de que o Estado os recoñeza ou non como matrimonios. Desalambre debulla a decisión do Tribunal de Xustiza da Unión.
Concellos como os da Coruña, Lalín, Santiago ou Catoira colgan pancartas contra a mina de Touro de cara á manifestación do vindeiro domingo. A Xunta vén de certificar que todos os ríos da contorna da antiga instalación mineira están xa contaminados.
O DOG publica hoxe o nomeamento de Antonio López como novo reitor da USC. É o derradeiro trámite para a toma de posesión, hoxe, do catedrático de Dereito, gañador das eleccións do pasado abril.
Josep Borrell será o novo ministro de Asuntos Exteriores. Borrell, que foi ministro de Obras Públicas con Felipe González, entre outros cargos, vén de aceptar a proposta de Pedro Sánchez, como conta eldiario.es
O Celta e Abanca acordan que o estadio municipal vigués pase a chamarse Abanca Balaídos. Este compromiso publicitario, semellante ao pechado pola entidade bancaria co Deportivo da Coruña, encádrase nun acordo máis amplo entre ambas empresas.
Falece Benedicto, histórico cautautor membro de Voces Ceibes, mestre e sindicalista. Ampliamos a información aquí.