Concellos como os da Coruña, Lalín, Santiago ou Catoira colgan pancartas contra a mina de Touro de cara á manifestación do vindeiro domingo. A Xunta vén de certificar que todos os ríos da contorna da antiga instalación mineira están xa contaminados.
Fálase
O DOG publica hoxe o nomeamento de Antonio López como novo reitor da USC. É o derradeiro trámite para a toma de posesión, hoxe, do catedrático de Dereito, gañador das eleccións do pasado abril.
Josep Borrell será o novo ministro de Asuntos Exteriores. Borrell, que foi ministro de Obras Públicas con Felipe González, entre outros cargos, vén de aceptar a proposta de Pedro Sánchez, como conta eldiario.es
O Celta e Abanca acordan que o estadio municipal vigués pase a chamarse Abanca Balaídos. Este compromiso publicitario, semellante ao pechado pola entidade bancaria co Deportivo da Coruña, encádrase nun acordo máis amplo entre ambas empresas.
Falece Benedicto, histórico cautautor membro de Voces Ceibes, mestre e sindicalista. Ampliamos a información aquí.
A nova estrutura do Goberno central incluirá un comisionado contra a pobreza infantil dependente da Presidencia, segundo adiantou este luns a Cadena SER e recolle eldiario.es
As inscricións nas oficinas de emprego descenderon en 5.595 en maio en Galicia, ata as 176.696. O indicador do paro rexistrado descende así en 22.942 con respecto a hai un ano. No mesmo período as afiliacións medias á Seguridade Social aumentaron en 8.675, un balance de 26.786 superior ao de doce meses antes. Máis información, esta mañá en Praza.gal
O Celta B empatou ante o Cartagena (0-0) no partido de ida da eliminatoria de ascenso a Segunda División. Na ida das eliminatorias de ascenso a Segunda B, o Compostela caeu 2-0 ante o Terrassa e o Racing Vilalbés empatou na casa (1-1) ante o At. Llevant
O PP ameaza con facer oposición aos seus propios Orzamentos pactados co PNV. As contas públicas aprobadas polos populares no Congreso (e que Pedro Sánchez se comprometeu a respectar) comezarán a debaterse este martes no Senado
Alfonso Rueda afirma que o futuro de Feijóo está "en Galicia" e avoga por unha "reflexión interna e ordenada" no PP. O vicepresidente da Xunta -e teórico substituto de Núñez Feijoo se este dá o paso á política estatal- sinala que os cambios que se produzan na formación deben ser "pilotados polos órganos do partido"