As inscricións nas oficinas de emprego descenderon en 5.595 en maio en Galicia, ata as 176.696. O indicador do paro rexistrado descende así en 22.942 con respecto a hai un ano. No mesmo período as afiliacións medias á Seguridade Social aumentaron en 8.675, un balance de 26.786 superior ao de doce meses antes. Máis información, esta mañá en Praza.gal
Fálase
O Celta B empatou ante o Cartagena (0-0) no partido de ida da eliminatoria de ascenso a Segunda División. Na ida das eliminatorias de ascenso a Segunda B, o Compostela caeu 2-0 ante o Terrassa e o Racing Vilalbés empatou na casa (1-1) ante o At. Llevant
O PP ameaza con facer oposición aos seus propios Orzamentos pactados co PNV. As contas públicas aprobadas polos populares no Congreso (e que Pedro Sánchez se comprometeu a respectar) comezarán a debaterse este martes no Senado
Alfonso Rueda afirma que o futuro de Feijóo está "en Galicia" e avoga por unha "reflexión interna e ordenada" no PP. O vicepresidente da Xunta -e teórico substituto de Núñez Feijoo se este dá o paso á política estatal- sinala que os cambios que se produzan na formación deben ser "pilotados polos órganos do partido"
La Opinión entrevista Xulio Ferreiro: "Non sei se haberá coalición cos socialistas pero creo que sería bo buscar a estabilidade". O alcalde da Coruña salienta que "co novo goberno ábrese unha oportunidade en moitos sentidos"
Eldiario.es analiza nunha reportaxe os nomes tradicionais que están a piques de desaparecer. A media de idade dos Florentinos, Ciprianos, Felisas ou Gregorias rolda os 70 anos. Isto contrasta coa crecente puxanza doutros, como Leo, Enzo, Noa ou Valeria, entre os dez máis habituais en Galicia nos últimos anos.
Nós TV entrevistou Rubén Lois, que foi elixido esta semana vicepresidente da Unión Xeográfica Internacional, converténdose no primeiro galego en ocupar o posto
Máis dunha ducia de altos cargos galegos deixarán os seus postos de forma inmediata tralo cambio de Goberno no Estado, comezando polo delegado do Goberno e os subdelegados provinciais.
O novo goberno catalán pendura unha faixa coa frase "liberdade presos políticos e exiliados" no balcón da Generalitat
Pedro Sánchez promete o seu cargo de presidente ante o rei e Rajoy, sen crucifixo nin Biblia. É a primeira vez que un presidente de Goberno prescinde destes dous elementos relixiosos. Tamén en Galicia o crucifixo foi desaparecendo das tomas de posesión