Sánchez completa o seu goberno con Margarita Robles, Fernando Grande-Marlaska e Màxim Huerta. Toda a información, este serán en Praza.
Fálase
O voceiro de ERC no Congreso, Joán Tardá, ofrece esta tarde unha conferencia en Santiago xunto á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. O Bloque ofrece o acto a través do seu Facebook Live
A ministra de Defensa de Pedro Sánchez será Margarita Robles, que ata o de agora era a portavoz do PSOE no Congreso. Nas horas previas á súa confirmación varios medios publicaran que o cargo recaería no galego Constantino Méndez, que foi secretario de Estado dese ministerio durante o mandato de Carme Chacón.
O astronauta Pedro Duque, novo ministro de Ciencia no Goberno de Pedro Sánchez. Está a contalo eldiario.es
A galega Nadia Calviño, nova ministra de Economía. A directora xeral de Orzamentos da Comisión Europea pasará a formar parte do novo executivo de Pedro Sánchez.
Rajoy deixa a presidencia do PP. “Chegou o momento de poñer punto final e que o PP siga co liderado doutra persoa”, vén de dicir o ex-presidente do Goberno ante o comité executivo do seu partido. Máis información, hoxe en Praza.gal
Rubén Cela confirma que non recuncará como cabeza de lista do BNG en Santiago. O edil vén de anunciar a súa decisión, "motivada exclusivamente por razóns persoais e familiares" e "non foi doada". "Fágoo coa tranquilidade de que no BNG de Santiago imos ser quen de ofertar á veciñanza unha proposta moi potente de persoas e propostas" en 2019, resalta.
Os matrimonios de persoas do mesmo sexo terán dereito á residencia en toda a UE con independencia de que o Estado os recoñeza ou non como matrimonios. Desalambre debulla a decisión do Tribunal de Xustiza da Unión.
Concellos como os da Coruña, Lalín, Santiago ou Catoira colgan pancartas contra a mina de Touro de cara á manifestación do vindeiro domingo. A Xunta vén de certificar que todos os ríos da contorna da antiga instalación mineira están xa contaminados.
O DOG publica hoxe o nomeamento de Antonio López como novo reitor da USC. É o derradeiro trámite para a toma de posesión, hoxe, do catedrático de Dereito, gañador das eleccións do pasado abril.