"Non á mina!" Veciñanza de Touro, O Pino, e das contornas da Ulla e da ría de Arousa explican como afectaría ás súas vidas a reapertura da mina de cobre e, xunto a representantes do mundo da cultura, chaman a participar na manifestación do vindeiro domingo en Santiago
Fálase
Marcela e Elisa xa teñen rúa na Coruña. O Concello coruñés inaugurou este venres na contorna de San Roque de Fóra a rúa en lembranza á primeira parella de mulleres que casaron en Galicia como primeiro acto do programa municipal de actividaes polo Día do Orgullo LGTBQI
Manuel Reigosa tomou posesión este mediodía do cargo de reitor da Universidade de Vigo. Reigosa gañou as eleccións celebradas o pasado abril e o seu nomeamento foi publicado hoxe mesmo no DOG.
O Obradoiro será o anfitrión da vindeira Supercopa da ACB, que se xogará en Santiago. O acordo para a celebración do torneo entre o 21 e o 22 de setembro no pavillón Fontes do Sar da capital galega será asinado o vindeiro día 14 polo concello compostelán e a Deputación da Coruña cos responsables do Obradoiro e da propia ACB.
O DOG publica este venres o calendario escolar 2018-2019. As clases de Infantil e Primaria comezan o 12 de setembro e as de ESO, Bacharelato e FP, o día 17. Os antigos exames de setembro de 2º de Bacharelato adiántanse a xuño para adaptalos ao novo modelo da selectividade.
O alcalde de Allariz, Francisco García, anunciará este mediodía a súa remuda na alcaldía. García, alcalde dende o ano 2000, xa anunciara que non prevía recuncar como cabeza de lista do BNG e será previsiblemente substituído por Cristina Cid, actual tenente de alcaldía. Máis información, hoxe en Praza.gal
O catedrático Ángel Carracedo, novo presidente da Academia Internacional de Medicina Legal. A elección confirmouse no 24º Congreso da institución, que se está a celebrar no Xapón.
O Consello da Xunta outorga as Medallas Castelao deste ano a Isabel Aguirre de Úrcola, directora da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega; María José Alonso Fernández, investigadora en farmacoloxía; Jesús Domínguez Fernández, fundador da téxtil Lonia; Xesús Mato Mato, crego e fundador de varias asociacións culturais e benéficas e impulsor de Fuxan os Ventos; e aos carteiros rurais de Correos en Galicia.
Sánchez completa o seu goberno con Margarita Robles, Fernando Grande-Marlaska e Màxim Huerta. Toda a información, este serán en Praza.
O voceiro de ERC no Congreso, Joán Tardá, ofrece esta tarde unha conferencia en Santiago xunto á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. O Bloque ofrece o acto a través do seu Facebook Live