O Deportivo perde ante o Betis por 2 goles a 3 en Riazor.
Fálase
Os conselleiros e conselleiras tomarán posesión mañá ás 10:30 no Pazo de Raxoi. Tras o acto oficial, celebrarán o primeiro Consello da Xunta da lexislatura.
HÓQUEI LIÑA As Meigas de Lugo venceron por primeira vez por 2 a 4 na pista de Las Rozas e abandonan o último lugar da clasificación, que agora ocupan as madrileñas.
HÓQUEI PATÍNS O Liceo continúa co seu inicio de Liga espectacular (9 vitorias e 1 empate) e tras golear o Blanes por 6 a 1 afiánzase no liderado, con 3 puntos de vantaxe sobre o Barcelona. Na Primeira División, o Cerceda perdeu a súa imbatibilidade ao perder por 4 a 3 na súa visita a Vilafranca, a pesar do cal mantén a terceira posición tras disputarse a 6ª xornada da competición. Na máxima división feminina, o Traviesas Vigo voltou perder, desta vez na casa por 0 a 3 ante o Girona, e segue sen puntuar tras cinco xornadas.
FUTSAL Santiago 11 - Santa Coloma 4, Azkar Lugo 4 - Manacor 3 e El Pozo 9 - Burela 0. Con estes resultados, o Santiago Futsal consolídase nos primeiros postos, a 2 puntos do liderado que comparten Barcelona e El Pozo, o Azkar Lugo sobe tres postos tras conseguir a segunda vitoria da temporada e o Burela Pescados Rubén continúa como pechacancelas na súa estrea na elite do futsal español, sen ter conseguido aínda puntuar.
            Javier Guerra non repetirá como conselleiro de Economía e Industria. O seu substituto será Francisco Conde, ata agora asesor de Feijóo. A información, este mediodía en Praza.
Alfonso Rueda será vicepresidente da Xunta. Toda a información sobre a configuración do novo Goberno galego, no que Feijóo apenas introduce cambios, esta mañá en Praza.
Mariano Rajoy asegura non estar poñendo en práctica medida ningunha que poña "en risco" a sanidade pública. Recólleo La Información.
O PSOE homenaxea este domingo a Felipe González, no trixésimo aniversario da súa chegada á presidencia do Goberno de España.
            Persoas con discapacidade maniféstanse hoxe en Madrid para protestar contra as políticas de recorte. Cóntao a Cadena SER