Javier Guerra non repetirá como conselleiro de Economía e Industria. O seu substituto será Francisco Conde, ata agora asesor de Feijóo. A información, este mediodía en Praza.
Fálase
Alfonso Rueda será vicepresidente da Xunta. Toda a información sobre a configuración do novo Goberno galego, no que Feijóo apenas introduce cambios, esta mañá en Praza.
Mariano Rajoy asegura non estar poñendo en práctica medida ningunha que poña "en risco" a sanidade pública. Recólleo La Información.
O PSOE homenaxea este domingo a Felipe González, no trixésimo aniversario da súa chegada á presidencia do Goberno de España.
            Persoas con discapacidade maniféstanse hoxe en Madrid para protestar contra as políticas de recorte. Cóntao a Cadena SER
O diario La Región calcula que os centros comarcais que agora quedan sen uso na provincia de Ourense supuxeron un gasto de 5 millóns de euros.
As portadas dos diarios impresos chegan variadas este domingo. O recorte as pensións de xubilación segue a ser protagonista, se ben mentres algunhas cabeceiras se centran nos seus efectos nos afectados noutras é posible observar a explicación do Goberno. En El Mundo, Aznar asegura estar "ao servizo do meu país".
            Ás 13:00 Feijóo asina o decreto da nova estrutura orgánica do Goberno galego, cos nomes dos conselleiros e conselleiras e as súas atribucións. Agárdanse escasos cambios, o principal podería ser que Alfonso Rueda pase ocupar unha Vicepresidencia.
Persoas afectadas polo virus da sida expresan no día mundial contra a enfermidade o seu temor aos recortes sanitarios. En El Diario.
O líder de Esquerra Republicana, Oriol Junqueras, ve "probable" acadar un pacto de gobernabilidade con CiU cunha duración de dous anos. En Vilaweb.