As portadas dos diarios impresos chegan variadas este domingo. O recorte as pensións de xubilación segue a ser protagonista, se ben mentres algunhas cabeceiras se centran nos seus efectos nos afectados noutras é posible observar a explicación do Goberno. En El Mundo, Aznar asegura estar "ao servizo do meu país".
