FUTSAL Santiago 11 - Santa Coloma 4, Azkar Lugo 4 - Manacor 3 e El Pozo 9 - Burela 0. Con estes resultados, o Santiago Futsal consolídase nos primeiros postos, a 2 puntos do liderado que comparten Barcelona e El Pozo, o Azkar Lugo sobe tres postos tras conseguir a segunda vitoria da temporada e o Burela Pescados Rubén continúa como pechacancelas na súa estrea na elite do futsal español, sen ter conseguido aínda puntuar.
