A veciñanza de Silleda aprobou por unha estreita marxe de votos o cambio de localización das dependencias municipais na consulta popular celebrada este domingo: 48,5% a favor e 46% en contra. Participou o 30% do censo, e houbo 88 votos en branco e 31 nulos.
