O Goberno español retruca á alerta internacional sobre o esgotamento da sardiña no Atlántico asegurando que aínda hai marxe de captura.

O Goberno español retruca á alerta internacional sobre o esgotamento da sardiña no Atlántico asegurando que aínda hai marxe de captura.
A conselleira do Medio Rural nega "un problema político" na xestión do operativo contra incendios e di non saber se as dúas persoas detidas tras a última vaga de lume deben ser ou non cualificadas como "terroristas". Afirmouno nunha entrevista na Cadena SER
Oriol Junqueras presenta como "claves" para "asentar" a República catalá as eleccions municipais de 2019. O líder de ERC afírmao nun artigo publicado en El Punt Avui no que censura as "decisións antidemocrática" do Goberno de España e advirte de que "nos vindeiros días teremos que tomar decisións que non sempre serán doadas de entender".
Milleiros de persoas participan en Barcelona na manifestación convocada pola organización Sociedad Civil Catalana para defender a unidade de España e rexeitar o proceso soberanista. Ao remate da protesta interviñeron, entre outros, o ex-ministro do PSOE Josep Borrell e o antigo líder de IU Francisco Frutos. A organización asegura que un millón de persoas participou na protesta e a Guàrdia Urbana de Barcelona, unhas 300.000.
An Alfaya gaña a segunda edición do premio Xosé Neira Vilas de novela curta coa obra O home de negro. O xurado do certame, que convoca a fundación que leva o nome do escritor, resalta a "capacidade" de Alfaya para "tecer unha historia de intriga cunha economía de recursos na que a linguaxe xoga un papel principal". O galardón será entregado en Gres o 3 de novembro.
O Congreso Nacional do PSdeG aproba a Executiva liderada por Gonzalo Caballero co 71,18% dos votos. Máis infomación, esta tarde en Praza.gal
A chuvia non regresará a Galicia ata a "segunda metade" da vindeira semana, cando se achegará ao país unha pequena borrasca. Así o amosan os modelos meteorolóxicos que manexa Meteogalicia.
Unhas 140 persoas son despedidas dos seus postos eventuais e de gabinete na Generalitat tras a intervención do Estado. Catalunya Plural publica a listaxe íntegra
O filme Dhogs, de Andrés Goteira, premiado por partida dupla no festival Nocturna de cinema fantástico que se celebra esta fin de semana en Madrid. Obtivo o recoñecemento á mellor película e Carlos Blanco, ao mellor actor.
O persoal de Bershka desenvolve este sábado a terceira xornada de folga indefinida na provincia de Pontevedra para reclamar a equiparación das condicións laborais en toda Galicia. As mobilizacións contra a "discriminación laboral" nestas tendas do grupo Inditex están a ser secundadas polo 100% das traballadoras, asegura a CIG.