O Congreso Nacional do PSdeG aproba a Executiva liderada por Gonzalo Caballero co 71,18% dos votos. Máis infomación, esta tarde en Praza.gal
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/59f5c32f2746d-dnodrmpw4aeuga2.jpg)
O Congreso Nacional do PSdeG aproba a Executiva liderada por Gonzalo Caballero co 71,18% dos votos. Máis infomación, esta tarde en Praza.gal
A chuvia non regresará a Galicia ata a "segunda metade" da vindeira semana, cando se achegará ao país unha pequena borrasca. Así o amosan os modelos meteorolóxicos que manexa Meteogalicia.
Unhas 140 persoas son despedidas dos seus postos eventuais e de gabinete na Generalitat tras a intervención do Estado. Catalunya Plural publica a listaxe íntegra
O filme Dhogs, de Andrés Goteira, premiado por partida dupla no festival Nocturna de cinema fantástico que se celebra esta fin de semana en Madrid. Obtivo o recoñecemento á mellor película e Carlos Blanco, ao mellor actor.
O persoal de Bershka desenvolve este sábado a terceira xornada de folga indefinida na provincia de Pontevedra para reclamar a equiparación das condicións laborais en toda Galicia. As mobilizacións contra a "discriminación laboral" nestas tendas do grupo Inditex están a ser secundadas polo 100% das traballadoras, asegura a CIG.
ÚLTIMA HORA | Puigdemont apela á "oposición democrática" á aplicación do artigo 155 da Constitución nunha mensaxe que vén de ser difundida por TV3. Consulta aquí toda a información
O PP confirma a García Albiol como candidato ás eleccións convocadas por Rajoy en Catalunya para o 21 de decembro
Puigdemont anuncia unha comparecencia pública para as 14:30. É a súa primeira intervención tras a súa destitución formal por parte do Goberno central. Segundo transcendeu, a mensaxe foi gravada durante a mañá.
O Parlamento de Navarra dá o primeiro paso para declarar oficial o euskera en todo o seu territorio
Facebook comeza un experimento para eliminar os medios de comunicación do seu taboleiro principal. Explícao eldiario.es