O Parlamento de Navarra dá o primeiro paso para declarar oficial o euskera en todo o seu territorio
Fálase
Facebook comeza un experimento para eliminar os medios de comunicación do seu taboleiro principal. Explícao eldiario.es
O Parlament proclama a constitución da república catalá independente cos votos de JxSí e CUP. A votación celebrouse de xeito secreto tras un cambio no procedemento e coa ausencia de Ciudadanos, PSC e PP, que abandonaron o pleno en sinal de protesta. Máis información, aquí.
O ex-alcalde popular de Vigo Manuel Pérez será xulgado o martes por un presunto abuso sexual na súa oficina da inspección de traballo. A Fiscalía pide ano e medio de cárcere e sete de inhabilitación no xuízo que comeza o día 31 na sección 5ª da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo. Pérez está acusado de valerse do seu actual posto de inspector laboral para abusar dunha muller que acudiu á súa oficina tras unha inspección na empresa na que traballaba ao tempo que cobraba o paro
A resolución que Junts pel Sí promoverá hoxe no Parlament aposta pola constitución da República catalá. Adiántao Catalunya Plural
Rajoy presenta entre aplausos do PP no Senado a intervención da Generalitat co artigo 155 da Constitución. Está a contalo eldiario.es
As altas temperaturas provocaron unha "noite tropical" en varios puntos de Galicia, segundo resalta Meteogalicia. As temperaturas deste venres estarán ata 10 graos por riba do habitual nesta época do ano, destaca 4gotas.com.
A patronal coruñesa apoia o presidente da CEG, Antón Arias, e di que a súa opinión sobre Catalunya foi "persoal". O presidente da patronal galega explicou en Praza.gal as súas palabras e cre que "se non segues o guión, es un proscrito". Ex-presidentes e empresarios manobran para que deixe o cargo.
A Fiscalía rebaixa a 13 meses a petición de cadea para o único procesado do caso Campeón que non pactou a condena. Cóntao El Progreso. O Ministerio Público xa considerara "adecuado" o acordo co que a maioría de persoas acusadas pola trama corrupta evitaron a prisión.
As reservas de auga en Vigo só garanten o subministro para uns tres meses. O Concello vigués anunciou este xoves un plan de emerxencia fronte á seca con diversas restricións, xa que os encoros dos que se abastece a cidade están por baixo do 50%. A baixada xeral das reservas xa obrigara a adoptar restricións en concellos como Ourense.