A patronal coruñesa apoia o presidente da CEG, Antón Arias, e di que a súa opinión sobre Catalunya foi "persoal". O presidente da patronal galega explicou en Praza.gal as súas palabras e cre que "se non segues o guión, es un proscrito". Ex-presidentes e empresarios manobran para que deixe o cargo.
Fálase
A Fiscalía rebaixa a 13 meses a petición de cadea para o único procesado do caso Campeón que non pactou a condena. Cóntao El Progreso. O Ministerio Público xa considerara "adecuado" o acordo co que a maioría de persoas acusadas pola trama corrupta evitaron a prisión.
As reservas de auga en Vigo só garanten o subministro para uns tres meses. O Concello vigués anunciou este xoves un plan de emerxencia fronte á seca con diversas restricións, xa que os encoros dos que se abastece a cidade están por baixo do 50%. A baixada xeral das reservas xa obrigara a adoptar restricións en concellos como Ourense.
A asociación Xermolos, de Guitiriz, galardoada co premio Facer País. A distinción, que entrega a asociación Val de Láncara ligada á figura de Ramón Piñeiro, é concedida ao colectivo impulsor do Festival de Pardiñas polo seu traballo de "revitalización" cultural e de impulso de Galicia "como país vivo e esperanzado". A entrega celébrase o 11 de novembro.
A Xunta declara Ben de Interese Cultural (BIC) o mural de Lugrís 'Vista da Coruña 1669'. A obra estaba situada no antigo café Vecchio da Coruña e foi trasladado á sede de Abanca, a poucos metros.
Feijóo afirma que se as eventuais eleccións catalás van ligadas á proclamación da República "o 155 é máis necesario ca nunca". En caso contrario, chama a "deliberar" no Senado sobre a aplicación da intervención da autonomía.
ÚLTIMA HORA | Suspendida a declaración na que se prevía que Puigdemont anunciase eleccións en Catalunya. Tras transcender unha posible comparecencia no Parlament, finalmente producirase na sede da Generalitat durante a tarde, segundo TV3
ÚLTIMA HORA | O BNG mantense na alcaldía de Fene tras suspenderse a moción de censura. A Mesa de Idade alega que non se cumpren as condicións tras o informe da secretaria.
ÚLTIMA HORA | Puigdemont disolverá o Parlament e convocará eleccións en Catalunya. Serían o vindeiro 20 de decembro, segundo anuncian diferentes medios cataláns.
Os operarios das auxiliares de Navantia votan esta mañá se continuar ou non coa folga que supera os 20 días xa.