An Alfaya gaña a segunda edición do premio Xosé Neira Vilas de novela curta coa obra O home de negro. O xurado do certame, que convoca a fundación que leva o nome do escritor, resalta a "capacidade" de Alfaya para "tecer unha historia de intriga cunha economía de recursos na que a linguaxe xoga un papel principal". O galardón será entregado en Gres o 3 de novembro.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/59f5de3909221-xuradoiipremioneiravilasnovelacurta.jpg)