Galicia asume hoxe a presidencia da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal. O presidente da Xunta, que clausurará o encontro, instou o pasado xoves a agardar a este luns para coñecer os detalles concretos dos asuntos a tratar na xuntanza.
Fálase
O PSOE celebra hoxe ás 12 o único debate previo ás súas eleccións primarias entre Susana Díaz, Pedro Sánchez e Patxi López. Vaise poder seguir en directo a través de eldiario.es
O Breogán forza o quinto partido na súa eliminatoria dos playoff de ascenso á ACB ante o Palma. O Basquet Coruña caeu na casa ante o Palencia e tamén terá que xogar este quinto encontro. O COB Ourense caeu eliminado ante o Oviedo. Os partidos definitivos serán este martes.
As enquisas a pé de urna apuntan a unha vitoria da CDU en Renania do Norte-Westfalia, un dos principais feudos históricos do SPD, o que pode prexudicar as opcións de Schulz no camiño ás eleccións de setembro
Uxía Senlle, Ramón Villares; os humoristas Xosé Touriñán e Marcos Pereiro; a escritora Concha Blanco e a Fundación Barrié recibiron este domingo os Premios Bos e Xenerosos 2017, organizados pola Fundación Eduardo Pondal coa colaboración da Consellería de Cultura
Europol advirte de que o ciberataque iniciado o venres continuará este luns. Hai xa 200.000 afectados en 150 países polo software malicioso
Centos de persoas participaron na Coruña na manifestación convocada pola Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo en defensa do dragado e da limpeza integral da ría, co obxectivo de que volva ser unha fonte de emprego e riqueza
La Voz de Galicia publica sondaxe de intención de voto nas sete cidades galegas, prevendo un descenso xeralizado do PSdeG-PSOE en case todas as urbes, ascensos notables das mareas, crecemento do BNG e resultados dispares para o PP, que sobe en varios lugares, pero cae en Vigo ou Lugo. Consulta aquí os resultados.
Renania do Norte-Westfalia celebra eleccións este domingo. Os resultados serán clave no camiño cara aos comicios xerais de setembro. Este land, o máis grande de Alemaña (18 millóns de habitantes) é un feudo histórico do SPD, e unha derrota reduciría as opcións de Martin Schulz de superar a Angela Merkel
"A venda dos peiraos non pode hipotecar o interese xeral da Coruña", destaca La Opinión nun editorial. O texto sinala que "o colosal endebedamento" da Autoridade Portuaria "precisa solucións, pero non poden pasar só por hipotecar o potencial turístico e de goce que a fachada marítima posúe para todos os coruñeses, arruinándoos cunha edificación masiva"