Catalunya prohibirá por lei utilizar animais nos circos, grazas a unha proposta presentada conxuntamente por CiU, ERC, PSC, ICV-EUiA e CUP
Fálase
Novagalicia reparte tapóns para os oídos entre os traballadores para soportar as protestas dos preferentistas, segundo conta El Boletín.
O ex presidente de Pescanova demanda a empresa por despido improcedente. O cociñeiro Ferran Adrià é un dos accionistas atrapados na compañía.
Vén de publicarse o primeiro número de Elipse. Revista literaria galego-portuguesa. Os contidos son variados, dende poesía, ao relato curto, pasando por ensaio e traducións. Haberá dúas seccións fixas: unha dedicada a un autor ou autora e outra dedicada a un clásico da literatura galego-portuguesa.
O PP segue adiante co proxecto de Lei de Caza, que permite participar en batidas a menores de idade a partir de 16 anos. Toda a oposición esixe elevar a idade legal ata os 18.
Este serán preséntase en Compostela o proxecto Luzes, que impulsa o retorno desta cabeceira xornalística.
El Diario publica un artigo de Roger Liddle, no que o laborista pregunta se "Pode un novo ‘populismo de esquerdas’ rescatar a socialdemocracia?". Destaca que "o populismo de esquerdas non se pode abrazar a expensas da credibilidade económica"
Vicenç Navarro defende en Público "Otra Catalunya, otra España" e subliña que "queremos comezar unha nova Transición que sexa non violenta, pacífica, alegre e radical, radical porque iremos ás raíces das causas da escasa felicidade do noso pobo"
O Goberno portugués prepara unha reforma legal que impedirá que nunha mesma vivenda haxa máis de dous cans ou máis de catro gatos
Pemex volve atrasar a licitación dos floteis, prevista agora para decembro. Ofertas de Singapur e a priorización de barcos construídos en México poñen en perigo a construción dos barcos en Galicia.