O Goberno portugués prepara unha reforma legal que impedirá que nunha mesma vivenda haxa máis de dous cans ou máis de catro gatos
Fálase
Pemex volve atrasar a licitación dos floteis, prevista agora para decembro. Ofertas de Singapur e a priorización de barcos construídos en México poñen en perigo a construción dos barcos en Galicia.
O vídeo No woman, no drive, que denuncia a prohibición de conducir que sofren as mulleres en Arabia Saudí, supera os cinco millóns de reproducións en dous días.
O Parlamento debate este martes a reforma da Lei de Caza, que manterá en 16 anos a idade mínima para acceder a unha licencia de caza.
Pemex volve adiar a adxudicación dos floteis, segundo informa La Voz de Galicia, que destaca que a competencia de empresas de Noruega ou Singapur será dura. A decisión final coñecerase o 6 de decembro. Faro de Vigo publica as bases de licitación do concurso; entrarían en servizo en 2014 e as empresas adxucicatarias deben ter un "10% de contido mexicano".
O avogado Glenn Greenwald, apoderado dos documentos de Snowden, e Bill Keller, antigo editor de The New York Times, debaten nunha serie de artigos sobre o futuro do xornalismo
O Ministerio de Fomento acelera o rescate das autoestradas polas presións das construtoras en Moncloa. A débeda rolda os catro mil millóns de euros.
As cifras oficiais detectan 150.000 falsos autónomos, persoas que se declaraban traballadores independentes pero que, de facto, tiñan condicións laborais semellantes ás dos asalariados
Hoxe o Museo do Pobo Galego fai 36 anos
O PSdeG presentará mocións "contra o repagamento hospitalario" en todos os concellos galegos. Besteiro convoca unha xuntanza de alcaldes e voceiros municipais socialistas para tratar a "asfixia" á que, di, "a dereita" somete os concellos.