Pemex volve adiar a adxudicación dos floteis, segundo informa La Voz de Galicia, que destaca que a competencia de empresas de Noruega ou Singapur será dura. A decisión final coñecerase o 6 de decembro. Faro de Vigo publica as bases de licitación do concurso; entrarían en servizo en 2014 e as empresas adxucicatarias deben ter un "10% de contido mexicano".
Fálase
O avogado Glenn Greenwald, apoderado dos documentos de Snowden, e Bill Keller, antigo editor de The New York Times, debaten nunha serie de artigos sobre o futuro do xornalismo
O Ministerio de Fomento acelera o rescate das autoestradas polas presións das construtoras en Moncloa. A débeda rolda os catro mil millóns de euros.
As cifras oficiais detectan 150.000 falsos autónomos, persoas que se declaraban traballadores independentes pero que, de facto, tiñan condicións laborais semellantes ás dos asalariados
Hoxe o Museo do Pobo Galego fai 36 anos
O PSdeG presentará mocións "contra o repagamento hospitalario" en todos os concellos galegos. Besteiro convoca unha xuntanza de alcaldes e voceiros municipais socialistas para tratar a "asfixia" á que, di, "a dereita" somete os concellos.
O BNG apela ao "espírito de Riotorto" a prol dunha "rebelión cívica" contra os recortes. O portavoz nacional do Bloque, Xavier Vence, asegura que a formación responderá a este "golpe de Estado" social cunha ofensiva institucional "de defensa dos dereitos" da cidadanía.
A axencia de noticias Lusa recolle o estado do ensino do portugués en Galicia e as queixas do profesorado pola "falta de compromiso" da Xunta.
A figura de Isaac Díaz Pardo será unha das protagonistas do Día da Ciencia en Galego, que a USC conmemora o vindeiro 4 de novembro.
El Diario relata o caso da moza despedida da empresa de telemarketing Konecta por non acudir a traballar no día en que foi desafiuzada.