El Diario relata o caso da moza despedida da empresa de telemarketing Konecta por non acudir a traballar no día en que foi desafiuzada.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/526e75dfd81ce-amaya-desahucio-telemarketing-reforma_laboral_ediima20131028_0398_4.jpg)
El Diario relata o caso da moza despedida da empresa de telemarketing Konecta por non acudir a traballar no día en que foi desafiuzada.
Este luns anunciouse o peche, o vindeiro 20 de decembro, da web Libro de Notas, activa dende hai 13 anos, e unha das máis importantes de Internet en España, con máis de 250 colaboradores, 25 mil textos publicados e máis de 200 mil seguidores en twitter.
Protesta contra a reforma da lei do aborto no pleno do Concello de Vigo. A plataforma polo dereito ao aborto da cidade expresou o seu rexeitamento ás intencións do Goberno central.
Blusens Technology, a central de compras da multinacional tecnolóxica galega, solicita o concurso voluntario de acredores. Cóntao Economía Digital
A Xunta 'ficha' axencias de colocación para buscar traballo aos desempregados. Traballo derivará xestións a empresas a través de convenios.
O proceso soberanista reforza ERC e dispara a Ciutadans, segundo unha enquisa de El Periódico. Os republicanos gañarían máis de quince escanos no Parlament.
Joaquim Lleixà analiza en Sin Permiso a crise do estado autonómico a través do proceso soberanista en Catalunya: "o problema catalán, agora coma no século precedente, é o problema de España, o problema da construción dun Estado"
Libération dedícalle a súa portada a Lou Reed
A morte dun menor nunha batida en Ribas de Miño reabre o debate sobre a idade mínima para poder cazar. Libera pide que se eleva aos 18 anos.
Arias Cañete ve "enriquecedor" que os mozos saian ao exterior e que volvan porque "aquí se vive mellor con menos cartos"