O PSdeG presentará mocións "contra o repagamento hospitalario" en todos os concellos galegos. Besteiro convoca unha xuntanza de alcaldes e voceiros municipais socialistas para tratar a "asfixia" á que, di, "a dereita" somete os concellos.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/526ead020ffc0-10540936046_24ea3f0832_b.jpg)
O PSdeG presentará mocións "contra o repagamento hospitalario" en todos os concellos galegos. Besteiro convoca unha xuntanza de alcaldes e voceiros municipais socialistas para tratar a "asfixia" á que, di, "a dereita" somete os concellos.
O BNG apela ao "espírito de Riotorto" a prol dunha "rebelión cívica" contra os recortes. O portavoz nacional do Bloque, Xavier Vence, asegura que a formación responderá a este "golpe de Estado" social cunha ofensiva institucional "de defensa dos dereitos" da cidadanía.
A axencia de noticias Lusa recolle o estado do ensino do portugués en Galicia e as queixas do profesorado pola "falta de compromiso" da Xunta.
A figura de Isaac Díaz Pardo será unha das protagonistas do Día da Ciencia en Galego, que a USC conmemora o vindeiro 4 de novembro.
El Diario relata o caso da moza despedida da empresa de telemarketing Konecta por non acudir a traballar no día en que foi desafiuzada.
Este luns anunciouse o peche, o vindeiro 20 de decembro, da web Libro de Notas, activa dende hai 13 anos, e unha das máis importantes de Internet en España, con máis de 250 colaboradores, 25 mil textos publicados e máis de 200 mil seguidores en twitter.
Protesta contra a reforma da lei do aborto no pleno do Concello de Vigo. A plataforma polo dereito ao aborto da cidade expresou o seu rexeitamento ás intencións do Goberno central.
Blusens Technology, a central de compras da multinacional tecnolóxica galega, solicita o concurso voluntario de acredores. Cóntao Economía Digital
A Xunta 'ficha' axencias de colocación para buscar traballo aos desempregados. Traballo derivará xestións a empresas a través de convenios.
O proceso soberanista reforza ERC e dispara a Ciutadans, segundo unha enquisa de El Periódico. Os republicanos gañarían máis de quince escanos no Parlament.