Paideia e as fundacións de Amancio Ortega e Adolfo Domínguez están entre as máis opacas de España, segundo un informe da Fundación Compromio y Transparencia que analiza as 50 entidades máis importantes do Estado.
Fálase
O Ministerio de Fomento dá marcha atrás no seu plan para que o tráfico pesado circule obrigatoriamente por vías de peaxe. Anuncia que non aplicará a medida se non hai acordo co sector do transporte, que esixe maiores compensacións para circular por autoestrada.
A asociación cultural Maio Longo, CIG-Ensino e a Federación de Asociacións Culturais Galegas GZ Cultura impulsan unha iniciativa lexislativa popular que reclama a creación dun museo que reúna en Galicia toda a obra plástica de Castelao
A xuíza Pilar de Lara sinala que Carlos Negreira "consentiu" os 54 enchufes realizados polo seu tenente de alcalde, Julio Flores, na Coruña. A maxistrada cre que Flores tiña unha "lista para contratar" e que non actuaba de forma "illada", senón con "coñecemento" do alcalde
El Diario entrevista Yiannis Burnus, dirixente de Syriza, que denuncia que a UE tenta poñer o Goberno grego á defensiva "para que só poidamos limitar os danos na economía sen a posibilidad de aplicar a nosa propia alternativa"
Israel celebra eleccións este martes, das que sairá un parlamento moi dividido, con grande igualdade ente o actual presidente, o dereitista radical Benjamín Netanyahu, e a opción máis moderada da Unión Sionista liderada polo laborista Yitzhak Herzog, aliado con Tzipi Livni.
O 'número tres' de Rajoy, Carlos Floriano, acude ao comité de campaña do PP galego. Segundo publicou Europa Press este domingo, o obxectivo da visita é "mobilizar" os cargos populares cara ás municipais. A visita a Compostela é o inicio dunha rolda por todo o Estado.
Enrique Dans @edans clausura esta tarde en Lugo o ciclo InnovaTE2 cunha palestra na Deputación sobre alfabetización dixital. Pódese seguir o streaming do evento nesta ligazón
Louzán e o alcalde de Vilagarcía prometen melloras nun aparcadoiro dende o púlpito dunha Igrexa. Recolleuno Faro de Vigo
Fomento anuncia unha quenda de traballo nocturno para "axilizar ao máximo" as obras do treito pendente da terceira rolda da Coruña, inaugurada por Ana Pastor e Feijóo o pasado sábado, antes de que a lei electoral o impida. Segundo o Ministerio, esa quenda de 9 da noite a 8 da mañá funcionará "en días laborables e festivos" ata maio.