Aumentan as dimisións en Podemos Galicia en desacordo pola política de alianzas e as listas para as xerais. Son xa oito renuncias, incluídos os líderes en Vigo e Cangas.
Fálase
"Hablas en gallego, mejor reservo en otro coche". É a resposta que recibiu o editor de Mallandroid e edil do BNG, Iago Varela, dunha usuaria de Blablacar. A conversa está a adquirir forte repercursión nas redes sociais.
Deteñen o administrador e o apoderado dunha empresa de Lalín por outra presunta fraude en cursos de formación. Recólleo Europa Press
Montoro defende os Orzamentos do Estado para 2016 en clave electoral con duros ataques á oposición. eldiario.es está a informar sobre o debate das contas estatais, que hoxe culmina no Congreso dos Deputados. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón.
O PP catalán propón excluír da sanidade primaria aos inmigrantes sen papeis. García Albiol recupera o seu discurso antiinmigración e defende que as persoas en situación irregular só poidan acceder a urxencias.
Entra na cadea a avoa canaria que se negou a derrubar a súa casa para non deixar sen teito aos netos. Veciños e o goberno autonómico maniféstanse para pedir o seu indulto (#JusticiaparaJosefa).
Case 60.000 galegos pasan os seus aforros a fondos de investimento. O patrimonio en instrumentos financeiros crece até os 7.067 millóns ante a baixa rendibilidade dos depósitos tradicionais.
O Goberno central rectifica e reabre a anchoa no Cantábrico. Confirma que quedan por consumir polo menos 2.000 toneladas.
Prolingua lamenta que a Feira do Moble da Estrada se anuncie só en castelán, empregue toponimia deturpada no seu dossier promocional e faga promoción co que o colectivo considera un cartel "sexista". Así o reflicten na súa web
A gran caída da bolsa chinesa provoca o devalo nos mercados bursátiles de todo o mundo. Está a contalo eldiario.es