Ledicia Costas gaña o Premio Lazarillo coa súa obra Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante, que será publicada por Xerais en 2016. O xurado do premio, concedido pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, destaca que se trata dunha "novela ben escrita, cunha narración fluída, unha estrutura moi ben conseguida" e "linguaxe sinxela, pero elaborada". A autora gañou o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil o pasado outubro.
