O PP ingresou nas súas contas 1,4 millóns de euros en metálico entre 2003 e 2007, segundo documentación do caso Gürtel á que tivo acceso Eldiario.es
Fálase
As aldeas baleiras de Galicia xa superan as 1.600, a metade de todo o Estado. Cóntao Faro de Vigo
O Centro Tecnolóxico Alimentario de Lugo adxudícalle a súa asesoría ao bufete do que é socio o presidente de Sogama, Luis Lamas, quen ademais é tesoureiro desta entidade. Recólleo La Voz
A Audiencia anula as escoitas ordenadas polo xuíz Taín na casa do presunto ladrón do Códice Calixtino, que na primeira xornada do xuízo mudou o seu relato e nega o roubo. Cóntao El País
Euskadi pedirá a Madrid ser territorio libre de transxénicos tras a o cambio normativo que permite que cada Estado decida sobre o uso de sementes modificadas xeneticamente. AGE xa anunciou que presentará iniciativas para que Galicia tamén vete estes produtos.
A veciñanza de Coia volve mobilizarse nun velorio polos dereitos sociais tras a manifestación da pasada semana contra o barco na rotonda do barrio vigués. Foto de @adrianrbravo.
A xustiza desestima a demanda de Hijos de Rivera e outras cinco firmas contra o FROB e NCG polo investimento realizado na entidade. A xuíza alega que "sobre os investidores pesaba a dilixencia de comprobación dos datos proporcionados pola entidade".
O novo alumeado da rotonda de Coia custará 115.000 euros, segundo publica o xornal Vigo Dixital. Trátase dunha partida aprobada o pasado mes de xullo "que por si mesma xa supera os 100.000 euros que segundo o alcalde ía custar instalar o Bernardo Alfageme".
Guanyem, Podemos, ICV, Equo e Procés Constituent acadan un acordo para concorrer xuntos ás municipais de maio co obxectivo de "devolver Barcelona aos seus veciños".
Liberdade baixo fianza de 200.000 euros para Bárcenas. A Audiencia Nacional estima parcialmente o recurso imposto polo ex tesoureiro do PP e abandonará a prisión.