O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez (BNG), superou a moción de confianza que se debateu no pleno deste martes, ao absterse os catro concelleiros do PSOE.
Fálase
Rajoy prepara o camiño para novos recortes. Limitación nos investimentos, nos orzamentos dalgún ministerio, nas pagas aos funcionarios ou recorte no periodo de percepción do seguro de desemprego son algunhas das medidas que se comentan.
O Gobierno propón levar a idade de xubilación máis aló dos 67 anos. Distribúe un informe entre os deputados que contempla tamén desligar a suba das pensións da do IPC e obrigar a traballar máis para cobrar a xubilación completa
O Goberno español obstaculiza co seu silencio a causa contra o franquismo en Arxentina.
Rajoy anuncia novos recortes e non descarta volver subir impostos. "Se non tomamos medidas, estariamos destruíndo o futuro", asegura.
Francia, 14º estado que aproba o matrimonio homosexual. A lei impulsada polo goberno socialista vén de ser aprobada na Asemblea Nacional.
Concentración contra a mina de Corcoesto ante o Parlamento. Será este mércores 24 ás 12 horas, coincidindo co debate na Cámara ante as preguntas que realizarán AGE e BNG sobre o proxecto mineiro.
A Presidencia de México anuncia a suspensión das actividades públicas do Pacto por México, o programa de reformas e investimentos no que Feijóo asegurou ver oportunidades de negocio para empresas galegas.
A petición online da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas para que se "supriman os festexos taurinos e se dediquen as súas axudas públicas a fins sociais" supera as catro mil sinaturas en 48 horas. Os promotores da #MociónPopular denuncian "insultos" por parte dos activistas protaurinos.
Pescanova ten ata o mércores para remitir a información complementaria.