O Goberno español obstaculiza co seu silencio a causa contra o franquismo en Arxentina.
Fálase
Rajoy anuncia novos recortes e non descarta volver subir impostos. "Se non tomamos medidas, estariamos destruíndo o futuro", asegura.
Francia, 14º estado que aproba o matrimonio homosexual. A lei impulsada polo goberno socialista vén de ser aprobada na Asemblea Nacional.
Concentración contra a mina de Corcoesto ante o Parlamento. Será este mércores 24 ás 12 horas, coincidindo co debate na Cámara ante as preguntas que realizarán AGE e BNG sobre o proxecto mineiro.
A Presidencia de México anuncia a suspensión das actividades públicas do Pacto por México, o programa de reformas e investimentos no que Feijóo asegurou ver oportunidades de negocio para empresas galegas.
A petición online da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas para que se "supriman os festexos taurinos e se dediquen as súas axudas públicas a fins sociais" supera as catro mil sinaturas en 48 horas. Os promotores da #MociónPopular denuncian "insultos" por parte dos activistas protaurinos.
Pescanova ten ata o mércores para remitir a información complementaria.
A Xunta multa con 1.200 euros ao día a Autoestradas de Galicia ata que repoña o seu persoal nas cabinas de peaxe na AG-57 e na AG-55
O ICANN aprobará o dominio .gal proximamente, segundo anuncia a axencia EFE, aínda que a confirmación podería demorarse uns meses. Toda a información, nesta mañá en Praza.
Tres demandas contra o FROB dos accionistas do Banco Gallego. Solicitan a nulidade dos acordos adoptados na xunta xeral extraordinaria de xaneiro.