Gonzalo Caballero carga contra Villoslada e aféalle que fose cargo no executivo de Fraga. "Non me convence queu o PSdeG poida estar liderado por subdirectores do goberno de Fraga", di nunha entrevista en Europa Press.
Fálase
Avespas asiáticas acaban cun cento de colmeas na Estrada e os seus donos intentan salvar outras cen
Sete mulleres morren despois de que a Garda Civil "bloquease" a súa patera, segundo os superviventes. Unhas 27 persoas tiráronse ao mar fuxindo de axentes españois e marroquís.
O Lugo cae 0-1 na terceira xornada de Liga ante o Cádiz e continúa sen gañar no que vai de campionato de Liga.
Rajoy asegura que vai impedir o referendo catalán: "Ninguén vai liquidar a democracia española".
O PSOE coruñés levará á Xustiza o pleno de Coristanco que deu a alcaldía ao seu ex-edil. O partido asegura que a moción de censura incumpriu a lei de transfuguismo.
Ferroglobe gañou en Bolsa desde maio o triplo do que esperaba obter coas centrais galegas. Cóntao La Opinión.
Condenado un ex-conselleiro de Educación de Asturias a seis anos de cadea por prevaricación, fraude e suborno. Considérase probado que José Luis Riopedre (PSOE) que amañaba contratos a cambio de recibir comisións. Cóntao eldiario.es
Gandeiros de Ourense, obrigados a botar man dos depósitos de extinción de incendios para dar de beber aos animais por mor da seca. Recólleo Faro de Vigo
Decenas de alertas de servizos de intelixencia estranxeiros como a da Rambla son desbotadas cada ano. Unha reportaxe de Arturo Puente en Catalunya Plural