O Lugo cae 0-1 na terceira xornada de Liga ante o Cádiz e continúa sen gañar no que vai de campionato de Liga.
Fálase
Rajoy asegura que vai impedir o referendo catalán: "Ninguén vai liquidar a democracia española".
O PSOE coruñés levará á Xustiza o pleno de Coristanco que deu a alcaldía ao seu ex-edil. O partido asegura que a moción de censura incumpriu a lei de transfuguismo.
Ferroglobe gañou en Bolsa desde maio o triplo do que esperaba obter coas centrais galegas. Cóntao La Opinión.
Condenado un ex-conselleiro de Educación de Asturias a seis anos de cadea por prevaricación, fraude e suborno. Considérase probado que José Luis Riopedre (PSOE) que amañaba contratos a cambio de recibir comisións. Cóntao eldiario.es
Gandeiros de Ourense, obrigados a botar man dos depósitos de extinción de incendios para dar de beber aos animais por mor da seca. Recólleo Faro de Vigo
Decenas de alertas de servizos de intelixencia estranxeiros como a da Rambla son desbotadas cada ano. Unha reportaxe de Arturo Puente en Catalunya Plural
TVE destitúe o director de La 2 Noticias, o espazo informativo da súa segunda canle que conduce Mara Torres, distinguido en diversas ocasións pola súa pluralidade e tratamento da información. Recólleo eldiario.es
Un madeireiro de Campo Lameiro, evacuado tras ser atacado por avespas velutinas. Foi trasladado nun helicóptero medicalizado ao hospital despois de sufrir múltiples picaduras desta especie invasora. Cóntao Pontevedra Viva
A Xunta rescinde un dos novos contratos de bus por non subrogar os traballadores da anterior concesionaria. O Goberno galego, tras reunir a comisión de seguimento do seu novo plan de transporte, di que a UTE Autos Morán-Autocares Rodríguez Domínguez, que se fixo coa zona da Mariña, non recolleu a 15 traballadores de Arriva adscritos a ese servizo, malia que a subrogación fora unha das melloras obtidas polos sindicatos grazas á folga do pasado xuño. A Xunta estuda aínda se convoca un novo concurso ou adxudica a dedo á anterior concesionaria, como xa fixo con outras tres zonas en Ourense.