A Xunta rescinde un dos novos contratos de bus por non subrogar os traballadores da anterior concesionaria. O Goberno galego, tras reunir a comisión de seguimento do seu novo plan de transporte, di que a UTE Autos Morán-Autocares Rodríguez Domínguez, que se fixo coa zona da Mariña, non recolleu a 15 traballadores de Arriva adscritos a ese servizo, malia que a subrogación fora unha das melloras obtidas polos sindicatos grazas á folga do pasado xuño. A Xunta estuda aínda se convoca un novo concurso ou adxudica a dedo á anterior concesionaria, como xa fixo con outras tres zonas en Ourense.
