O xornal británico The Guardian lanza unha organización sen ánimo de lucro para financiar proxectos informativos. O portal Dircomconfidencial recolle a creación desta entidade, que xa ten en marcha unha web na que explica as súas principais liñas de actuación. Procurará doazóns do público do xornal e tamén de empresas e organizacións. Proxectos semellantes a este modelo están en marcha en diversos medios; o xornal Praza.gal está editado pola Fundación Praza Pública
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/59a542086e467-theguardian-logo.png)