Os galegos Cristian Toro e Rodrigo Germade, subcampións no mundial de piragüismo na modalidade K4 500
Fálase
A Xunta anuncia o inicio da nova ampliación do 'bosque' do Gaiás, financiado con cartos do orzamento para repoboacións forestais
As provincias de Lugo e Ourense víronse afectadas este domingo por fortes sarabiadas. As treboadas deixaron rúas anegadas en localidades como O Carballiño ou a capital ourensá.
Praza.gal non se actualiza durante as fins de semana de agosto por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e regresamos o luns!
Rajoy desmárcase das acusacións aos Mossos d'Esquadra e eloxia a súa "preparación e capacidade" nunha comparecencia tras a xuntanza do Consello de Ministros na que subliñou a coordenación de corpos policiais tras os atentados de Cataluña.
Catro de cada dez mulleres enfróntanse a xuízos por violencia machista en xulgados sen especializar. Os órganos penais ditan máis absolucións que os xulgados de violencia sobre a muller, que se sitúan entre o 70% e o 80% de condenas, fronte ao 50% dos primeiros
A aperta dos pais dun neno asasinado no atentado de Barcelona cun imán musulmán torna en icona dos actos de solidariedade coas vítimas. Cóntao Catalunya Plural
O pleno municipal de Coristanco debaterá a partir das 12 do mediodía unha moción de censura contra o alcalde Amancio Lavandeira (Terra Galega). A manobra, impulsada polos seis edís do PP e por un ex concelleiro do PSdeG-PSOE, non ten opcións de saír adiante trala expulsión do edil socialista, cuxo apoio non contaría na votación en virtude da lei antitransfuguismo
O vento reactiva o incendio de Chandrexa de Queixa, que chega ás 400 hectáreas queimadas, unha boa parte na Rede Natura. É o máis importante dos declarados nos últimos dous días, xunto co de Monterrei (384 hectáreas) e o de Castro Caldelas (265)
As autoridades quedarán na segunda fila na marcha do sábado contra o terrorismo en Barcelona. O rei Felipe VI confirma que asistirá á manifestación, que será encabeza por profesionais de emerxencias, policías, bombeiros, médicos, taxistas ou comerciantes.