A aperta dos pais dun neno asasinado no atentado de Barcelona cun imán musulmán torna en icona dos actos de solidariedade coas vítimas. Cóntao Catalunya Plural
Fálase
O pleno municipal de Coristanco debaterá a partir das 12 do mediodía unha moción de censura contra o alcalde Amancio Lavandeira (Terra Galega). A manobra, impulsada polos seis edís do PP e por un ex concelleiro do PSdeG-PSOE, non ten opcións de saír adiante trala expulsión do edil socialista, cuxo apoio non contaría na votación en virtude da lei antitransfuguismo
O vento reactiva o incendio de Chandrexa de Queixa, que chega ás 400 hectáreas queimadas, unha boa parte na Rede Natura. É o máis importante dos declarados nos últimos dous días, xunto co de Monterrei (384 hectáreas) e o de Castro Caldelas (265)
As autoridades quedarán na segunda fila na marcha do sábado contra o terrorismo en Barcelona. O rei Felipe VI confirma que asistirá á manifestación, que será encabeza por profesionais de emerxencias, policías, bombeiros, médicos, taxistas ou comerciantes.
UGT suspende ata outubro a folga do servizo de seguridade no aeroporto Rosalía de Castro de Santiago. O sindicato asegura que achegou posturas con Prosegur, empresa concesionaria.
O PP escúdase nos atentados para rexeitar que Mariano Rajoy explique o caso Gürtel no Congreso. "Imos parecer extraterrestres coa que está caendo en España", afirmou Fernando Martínez-Maillo. A comparecencia, impulsada por PSOE e Unidos Podemos, saíu adiante co apoio de PNV e a abstención de Ciudadanos.
O Concello fusionado de Oza-Cesuras privatizará a xestión da auga tras declararse incapaz de seguir xestionando o servizo. Cóntao La Opinión de A Coruña
A oposición do Congreso forza a comparecencia en pleno de Rajoy polo caso Gürtel, que o levou o pasado xullo a declarar como testemuña na Audiencia Nacional
Unha cadea de erros dos terroristas evitou un masacre maior en Cataluña. Unha reportaxe de eldiario.es
O PSdeG formaliza a expulsión do seu edil de Coristanco e neutraliza a moción de censura que preparaba xunto ao PP