O PP escúdase nos atentados para rexeitar que Mariano Rajoy explique o caso Gürtel no Congreso. "Imos parecer extraterrestres coa que está caendo en España", afirmou Fernando Martínez-Maillo. A comparecencia, impulsada por PSOE e Unidos Podemos, saíu adiante co apoio de PNV e a abstención de Ciudadanos.
Fálase
O Concello fusionado de Oza-Cesuras privatizará a xestión da auga tras declararse incapaz de seguir xestionando o servizo. Cóntao La Opinión de A Coruña
A oposición do Congreso forza a comparecencia en pleno de Rajoy polo caso Gürtel, que o levou o pasado xullo a declarar como testemuña na Audiencia Nacional
Unha cadea de erros dos terroristas evitou un masacre maior en Cataluña. Unha reportaxe de eldiario.es
O PSdeG formaliza a expulsión do seu edil de Coristanco e neutraliza a moción de censura que preparaba xunto ao PP
Concentracións en Compostela, Pontevedra, Marín, Bertamiráns, A Coruña, Ourense e Vigo protestarán ás 20 horas contra a violencia machista, tralo asasinato este luns dunha muller de 73 anos polo seu xenro que, ademais, secuestrou a súa filla de 21 meses.
Noite de lume: Chandrexa de Queixa, Monterrei, Castro Caldelas, Guntín, Cervantes, A Pobra... sufriron incendios que arrasaron case 200 hectáreas. As lapas deixaron sen electricidade milleiros de veciños de Verín, Monterrei e Oímbra
O xuíz envía a prisión a dous dos detidos polos atentados de Cataluña. Outro queda en liberdade, e o cuarto permanecerá 72 horas baixo detención policial ata que se aclare se participou nos feitos.
Un incendio en Guimarei obriga a volver cortar un carril da autovía A-52 pola proximidade das lapas. Imaxes tomadas por membros da Brif de Laza dende un helicóptero do dispositivo de extinción. Varios incendios achegáronse a zonas habitadas en Galicia nos últimos días.
VÍDEO | Así se viu a eclipse solar deste luns dende Galicia. O timelapse está elaborado a partir dun vídeo realizado en Vigo polo portal Ecología azul